Cogami Pontevedra

A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade Física de Pontevedra (COGAMI PONTEVEDRA) constitúese legalmente ou 3 de marzo de 1989. É a entidade máis representativa do movemento asociativo de persoas con discapacidade da Provincia de Pontevedra. Está conformada por dez asociacións de persoas con discapacidade, seis de ámbito comarcal e catro referidas a enfermidades específicas de ámbito provincial.

Forma parte a nivel autonómico da estrutura asociativa de COGAMI ( Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) e a nivel estatal é membro de COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica).

Obxectivos

Conquerira plena inclusión das persoascon discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio
social e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

Misión

A misión da Federación é promover e coordina-la defensa dos dereitos das persoas con discapacidade cara á súa plena integración.

Visión

Un movemento asociativo consolidado amplamente recoñecido pola sociedade en xeral, polos seus valores, polo liderazgo na busca de novas metodoloxías de traballo coas persoas con discapacidade e pola presentación de servizos de excelencia dirixidos ás mesmas.

Principio e Valores

  • Democracia interna
  • Solidariedade entre os seus membros.
  • Transparencia na xestión e actuación das entidades.
  • Defensa das necesidades sociais por enribade intereses particulares.
  • Desbotar protagonismos e actitudes competitivas.
  • A defensa do colectivo como titulares de dereitos evitando as mensaxes sentimentalistas e asistenciais.

ASOCIACIÓNS MEMBRO:

  • ACADAR: Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia
  • ADAPTA: Asociación de persoas con disapacidade das Comarcas do Condado e Paradanta
  • AGADHEMO: Asociación Galega de Hemofilia
  • AGL: Asociación Galega de Linfedema
  • ALCER: Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril
  • AMIZADE: Asociación de persoas con discapacidade da Comarca de Pontevedra
  • ANDURIÑA: Asociación de persoas con discapacidade do Salnés
  • ASEARPO: Asociación Enfermos de Artrite Pontevedra
  • ASEM: Asociación Galega contra as Enfermidades Neuromusculares
  • ASODIFISI: Asociación de discapacitados físicos e psíquicos de Mos
  • AVANZAR: Asociación de Persoas con Discapacidade do Umia- Ulla
  • AVEMPO: Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra
  • AVIDEPO: Asociación Viguesa de Espondilíticos de Pontevedra
  • FQ: Asociación Galega de Fibrose Quística
  • VONTADE: Asociación de Persoas con Discapacidade do Baixo Miño

Comentarios pechados.