SUBVENCIÓN PARA O FOMENTO DO EMPREGO

FEDERACIÓN PROVINCIAL COGAMI- PONTEVEDRA BENEFICIARIA DA SUBVENCIÓN PARA O FOMENTO DO EMPREGO A TRAVÉS DE PROGRAMAS DE COOPERACIÓN COAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO DIRIXIDO A MELLORAR A EMPREGABILIDADE E A INSERCIÓN PROFESIONAL DAS PERSOAS MOZAS INCLUÍDAS NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

Convocatoria enmarcada dentro do programa operativo de emprego xuvenil cofinanciado cunha porcentaxe do 91,89% pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020.

Esta convocatoria de axudas e subvencións configúrase como programas de cooperación institucionais en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, dirixidos a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas de 18 ou máis anos, que non estean traballando inscritas na base de datos do Sistema de Garantía Xuvenil en España.

Grazas a concesión desta convocatoria a entidade ten contratada a unha técnica en atención sociosanitaria durante 6 meses co obxectivo de ofrecer un servizo de atención e acompañamento a persoas con discapacidade física que así o necesiten para a súa participación nas diferentes actividades organizadas dende COGAMI Pontevedra.

Comentarios

(Email obligatorio, permanece oculto.)

*

Código HTML permitido: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>