Cogami Pontevedra

A Federación de Asociacións de Persoas con Discapacidade Física de Pontevedra (COGAMI PONTEVEDRA) constitúese legalmente ou 3 de marzo de 1989. É a entidade máis representativa do movemento asociativo de persoas con discapacidade da Provincia de Pontevedra. Está conformada por dez asociacións de persoas con discapacidade, seis de ámbito comarcal e catro referidas a enfermidades específicas de ámbito provincial.

Forma parte a nivel autonómico da estrutura asociativa de COGAMI ( Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) e a nivel estatal é membro de COCEMFE (Confederación Española de Personas con Discapacidad Física y Orgánica).

Obxectivos

Conquerira plena inclusión das persoascon discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio
social e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.

Misión

A misión da Federación é promover e coordina-la defensa dos dereitos das persoas con discapacidade cara á súa plena integración.

Visión

Un movemento asociativo consolidado amplamente recoñecido pola sociedade en xeral, polos seus valores, polo liderazgo na busca de novas metodoloxías de traballo coas persoas con discapacidade e pola presentación de servizos de excelencia dirixidos ás mesmas.

Principio e Valores

  • Democracia interna
  • Solidariedade entre os seus membros.
  • Transparencia na xestión e actuación das entidades.
  • Defensa das necesidades sociais por enribade intereses particulares.
  • Desbotar protagonismos e actitudes competitivas.
  • A defensa do colectivo como titulares de dereitos evitando as mensaxes sentimentalistas e asistenciais.

CURSO DE NOVAS TECNOLOXÍAS  DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN. WEB 2.0

ENTIDADE BENEFICIARIA DA SUBVENCIÓN PARA O FOMENTO DO EMPREGO A TRAVÉS DE PROGRAMAS DE COOPERACIÓN COAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO DIRIXIDO AS PERSOAS MOZAS INCLUÍDAS NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL
garantía xuvenil

Comentarios pechados.