Arquivos mensuais: Outubro 2016

PROGRAMA DE FISIOTERAPIA APLICADA Á MELLORA DA PSICOMOTRICIDADE 2016 EN NAVIA

24 Outubro, 2016  |  Actualidade  |   nuri

No mes de agosto deu comezo este servizo dirixido a persoas con discapacidade do Concello de Vigo. Parte deste programa atópase financiado polo Concello de Vigo a través da Concellería de Política Social mediante a Subvención a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro, para a realización de actividades na área dos servizos sociais no ano 2016. Este servizo prestarase ata o 31 de outubro e ten como principal obxectivo optimizar a independencia funcional e a calidade de vida da persoa.

FEDERACIÓN PROVINCIAL COGAMI- PONTEVEDRA BENEFICIARIA DA SUBVENCIÓN PARA O FOMENTO DO EMPREGO

13 Outubro, 2016  |  Actualidade, Cogami  |   nuri

FEDERACIÓN PROVINCIAL COGAMI- PONTEVEDRA BENEFICIARIA DA SUBVENCIÓN PARA O FOMENTO DO EMPREGO A TRAVÉS DE PROGRAMAS DE COOPERACIÓN COAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO DIRIXIDO A MELLORAR A EMPREGABILIDADE E A INSERCIÓN PROFESIONAL DAS PERSOAS MOZAS INCLUÍDAS NO FICHEIRO DO SISTEMA NACIONAL DE GARANTÍA XUVENIL

Convocatoria enmarcada dentro do programa operativo de emprego xuvenil cofinanciado cunha porcentaxe do 91,89% pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020.

Esta convocatoria de axudas e subvencións configúrase como programas de cooperación institucionais en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, dirixidos a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas de 18 ou máis anos, que non estean traballando inscritas  na base de datos do Sistema de Garantía Xuvenil en España.

Gracias a concesión desta convocatoria a entidade ten contratada a unha coidadora durante 6 meses.