Misión

La Misión

A misión da Federación é promover e coordina-la defensa dos dereitos das persoas con discapacidade cara á súa plena integración.

COGAMI – PONTEVEDRA defínese como unha entidade que carece expresamente de ánimo de lucro, independente e libre, aconfesional, apartidista, non gobernamental, de carácter voluntario, e poderá solicita-la súa declaración de utilidade pública.

Principios e Valores

A Federación basea a súa actuación nos seguintes principios e valores:

  • Democracia interna
  • Solidariedade entre os seus membros.
  • Transparencia na xestión e actuación das entidades.
  • Defensa das necesidades sociais por encima de intereses particulares.
  • Desbotar protagonismos e actitudes competitivas.
  • A defensa do colectivo como titulares de dereitos evitando as mensaxes sentimentalistas e asistenciais.

Comentarios pechados.