Voluntariado

¿Que é o voluntariado?

O voluntariado é unha forma de participación organizada da poboación na solución dos problemas que afectan a sociedade, mediante a asunción dun compromiso. Toda persoa que decida colaborar en accións solidarias, ten que facelo adquirindo un compromiso cunha entidade de acción voluntaria, libremente e motivado únicamente por sentimentos de solidariedade

¿Que significa ser voluntario?

Ser voluntario significa establecer un compromiso cunha entidade onde poderías desenvolver unha serie de accións solidarias adicando un pouco do teu tempo e esforzo ás persoas que o necesitan.

¿Que non é un voluntario?

Unha persoa que realiza actividades como consecuencia dunha relación laboral, mercantil,… ou que espera recibir a cambio unha retribución económica polo servicio prestado.
Unha persoa que realiza actividades illadas, esporádicas ou por razóns de benevolencia, amizade ou boa vecindade.
Man de obra barata ou gratuita ca que se trata de cubrir deficiencias das Administracións ou organizacións privadas.

Fin do voluntariado de Cogami

Coordinar e promove-la defensa dos intereses das persoas con discapacidade para consegui-la máxima atención social á súa problemática e a súa integración social e laboral na sociedade

¿Queres ser voluntario?

¿Quen pode ser voluntario?

Aquelas persoas comprometidas socialmente que teñan como mínimo 18 anos (ou 16 sempre cunha autorización dos titores) e un máximo sen límite, que contribúan coa súa solidariedade á sensibilización, cambio e progreso na sociedade.

¿Que pedimos?

RESPONSABILIDADE, non podemos esquecer que ca acción do voluntariado pretendemos eliminar calquera obstáculo que dificulte ou entorpeza o camiño cara a igualdade e, o que é mais importante aínda, estamos a traballar con persoas.

Actividades de voluntariado de Cogami Pontevedra

Obxectivos xerais

canalizar e fomenta-lo voluntariado social entre o colectivo das persoas con discapacidade e entre a poboación en xeral.
Contribuir a mellora-lo procesos de integración /aprendizaxe dos nosos usuarios
Sensibilizar á poboación en xeral sobre as dificultades das PcD

Actividades máis importantes que se están a desenvolver

Apoio educativo
Actividade de natación terapéutica
Actividade de acompañamento
Proyecto IDÉFIX: Centro COGAMI en Mos

Apoio educativo

Mellora-lo proceso de aprendizaxe dos alumnos, complementando a función do monitor pero nunca substituíndoo
Axuda-los alumnos no desenvolvemento de actividades complementarias á formación do CRD-Mos
Educación de adultos, taller de coiro, aula de informática
Actividades dos voluntarios/as:
Axuda activa axudando a resolver dúbidas; no seguimento das tarefas encomendas e axuda efectiva na realización das mesmas cando o alumno se vexa imposibilitado pola súa discapacidade.
Nº beneficiarios totais: 79 persoas

Actividade de natación terapéutica

Encádrase dentro dunha serie de actividades de promoción e mantemento da saúde, dirixidas as PcD
Realizase na piscina municipal de O Porriño
Compensa-la carencia dun programa de rehabilitación o mantemento físico que potencie, manteña o aminore procesos dexeneratívos en persoas que sofren tetrapléxias, paraplexías, lesións cerebrais etc.
Dar resposta á oferta publica insuficiente para atender una población creciente que necesita dun programa continuado de mantemento das súas funcións físico – motoras.
Actividades dos voluntarios/as:
Axudar a realizar exercicios na auga, a vestir e desvestir os alumnos, entrar e sair nas das duchas e na piscina e axudar a subir e baixar do furgón adaptado
Nº beneficiarios: 19 persoas

Actividade de acompañamento

Mellora-la autonomía personal
Facilitar estratexias básicas de resolución de problemas en situacións sociais
Mejora-la socialización e participación en actividades de ocio e tempo libre
Evitar casos de aillamento no fogar pola falla de recursos
Mellora-la comunicación interpersonal
Actividades dos voluntarios/as:
Axudar no desenvolvemento de actividades cotiás, e no disfrute do tempo libre

Outras actividades de voluntariado

Charlas de prevención da lesión medular
Actividades de ocio e tempo libre

Perfil dos nosos voluntarios/as

Persoas dinámicas e sensibilizadas ca problemática da persoas con discapacidade cun importante grao de empatía e asertividade.
Valoraránse, ainda que non son obrigatorios, coñecementos de pedagoxía, psicoloxía ou educación social, saber nadar e que poidan facer esforzos físicos.

¿Queres ser voluntario?

¿Que facer?

Se queres participar de forma activa na rede de voluntariado de COGAMI PONTEVEDRA e actuar nalgúnhas das nosas ACTIVIDADES, non tes máis que poñerte en contacto con nós.
Encontrarásnos nos teléfonos: 986 487 925 e 986 281 897
Ou a tráves do noso formulario de contacto

Comentarios pechados.