Accesibilidade

Dende COGAMI, a loita pola implantación dunha accesibilidade Universal en tódolos marcos sociais foi, dende o seu nacemento, un punto fundamental. É desta maneira como a área de accesibilidade inicia un labor social a favor das persoas con discapacidade e familias, prestando os seguintes servizos:

1. Servizo aos usuarios

Preséntase como un servizo gratuíto seguindo as directrices de COGAMI de colaborar activamente na accesibilidade dos fogares galegos.
Como mellora no servizo, elabórase un seguimento de calidade consistente en tres fases:
1. Detección de barreiras arquitectónicas mediante a visita ao inmoble.
2. Análise de datos contrastándoos coa normativa vixente en materia de accesibilidade.
3. Corrección do contorno mediante un informe e plano a escala das reformas a realizar.

2. Área de Sensibilización en materia de Accesibilidade

A Área de Sensibilización traballa no contorno da divulgación das características xenéricas das persoas con discapacidade –principalmente física, pero tamén indirectamente sensorial e intelectual-, na difusión do concepto das barreiras sociais e físicas e a necesidade de suprimilas progresivamente. Por tanto, organízanse charlas e conversas nos centros docentes, e no ámbito profesional e administrativo.

Videos utilizados en charlas:

espazos vividos 1

espazos vividos 2

Comentarios pechados.