Cogami inicia un curso de xardinería en Pontevedra para persoas con discapacidade

Sin comentarios
23 Febreiro, 2011  |  Categoría: Cogami, Cursos  |  Autor: administrador

Curso de xardinería
COGAMI inicia este luns 21 de febreiro, ás 16:00 horas, no centro de recursos ASPRODICO de Ponteareas (barrio Canedo Ponteareas) un curso de xardinería.

Este curso está financiado pola Consellería de Traballo e Benestar-Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal da Xunta de Galicia e mailo Fondo Social Europeo no marco do convenio de Programa de Formación Profesional para persoas con discapacidade física que residan na comunidade galega (PROGRAMA OPERATIVO FSE-GALICIA 2007-2013).

Un total de 10 persoas con discapacidade (9 homes e 1 muller) da comarca son as que van iniciar esta nova acción formativa de luns a venres en horario de 16:00 a 20:00 horas. O curso contará cunha duración de 360 horas presenciais, polo que rematará o vindeiro 30 de xuño.

Temática específica como é a aprendizaxe dos tipos de solos, a instalación dun sistema de rego, a implantación de céspedes, plantación de árbores e arbustos, poda, abonado, enfermidades e pragas e mantemento de maquinaria e materiais de xardinería, é a que terán que asimilar os usuarios/as do curso para obter un diploma acreditativo.

Publicado en Cogami, Cursos.
Copiar permalink.

Comentarios pechados.