Proxecto subvencionado

ASUNTO: Información detallada de elementos subvencionables.
Expediente: PR521A – 2010- 14948
Solicitante: COGAMI- PONTEVEDRA
CIF/NIF: G36704195
Título: CURSO DE NOVAS TECNOLOXÍAS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN. WEB 2.0

Vista a documentación presentada polo interesado ao abeiro da Resolución do 15 de xuño de 2010, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da Sociedade da Información na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e polo Plan Avanza, e se procede á súa convocatoria para 2010 (procedemento administrativo PR521A, DOG, nº 123, do 30 de xuño de 2010), a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pon no seu coñecemento o seguinte:

Segundo a Acta número 2 da comisión de valoración do procedemento administrativo PR521A constituída segundo o disposto na resolución do 15 de xuño de 2010, tendo en conta a valoración técnica e o informe de cumprimento de requisitos administrativos, este expediente figura provisionalmente entre as propostas de resolución FAVORABLE nas seguintes circunstancias:

Expte. NIF Razón social
PR521A-2010-14948
V36704195
COGAMI- PONTEVEDRA
Finalidade (Título do proxecto)
CURSO DE NOVAS TECNOLOXÍAS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN. WEB 2.0
Investimento subvencionable 2010 % Subvención concedida Subvención concedida 2010
14.491,00
85,00%
12.317,35

Resolución do 12 de novembro de 2010, da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, pola que se dispón a publicación da relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 15 de xuño de 2010 para as entidades sen ánimo de lucro, para actuacións de difusión relacionadas co desenvolvemento da Sociedade da Información, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e polo Plan Avanza, procedemento administrativo PR521A.

Proxecto financiado por:

Logos dos patrocinadores

Xunta de Galicia FEDER Xunta de Galicia Plan Avanza Ministerio de Industria, Turismo y Comercio (MITYC)

Descarga a memoria do proxecto.
Descarga o temario do curso.

Estes documentos teñen licenza: creative commons 3.0


Resolución da subvención do ano 2011

VER RESOLUCIÓN 2011.

Comentarios pechados.